• gl



NADAL CON "V" DE VINDEL no MUSEO DO MAR DE GALICIA

Este Nadal 2017 o Museo do Mar de Galicia quere celebralo aproveitando a exitosa exposición temporal “O Pergamiño Vindel. Un tesouro en sete cantigas”, onde entre outras pezas pódese ver o auténtico Pergamiño Vindel, xoias da nosa literatura.

As actividades realizaranse de MARTES A DOMINGO e son as seguintes:

11h. OBRADOIRO FAMILIAR.

“As letras do Vindel. Caligrafía Medieval”. Actividade para familias con nenos/as de 6 a 14 anos.

13h e 18h. VISITA TEMÁTICA.

“Coñece o Pergamiño Vindel”. Visita guiada para todos os públicos, menores recomendado a partir de 8 anos.

ESPECIFICACIÓNS para todas as actividades:

  • Aforo limitado.
  • De martes a venres CON RESERVA PREVIA.
  • Sábados, domingos e festivos SEN RESERVA PREVIA
  • Prezo entrada ao museo: 3€ entrada xeral, 1,50€ entrada reducida (nenos/as de 9 a 18 anos, familias numerosas, estudantes, desempregados e xubilados), menores de 8 anos gratis.

RESERVA E INFORMACIÓN
986247750
info.museodomar@xunta.es
de martes a venres de 10 a 14 e sábados de 11 a 14.


Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar