• gl



PRESENTACIÓN DO PRIMER TRABALLO EN FORMATO FÍSICO DO TRÍO “ULOBIT”

O venres 31 de marzo ás 19:30 horas o trío musical “ULOBIT” presenta no auditorio do noso museo o seu primer traballo en formato físico, trátase dun dísco ríxido USB enlatado nunha conserva que contén o material audiovisual artístico con imaxes do filme “Vikingland” de Xurxo Chirro e outra información do proxecto.

A noite contará coa proxección dos sete cortes audiovisuais da obra completa e unha parola cos creadores (Ariel Ninas, Horacio González, Xoán-Xil López).

Ulobit é un trío audiovisual galego que mestura tecnoloxías antigas (zanfona) coas modernas (computadores, electrónica, vídeo, filtros de son) e de software libre (Pure Data) baseado en procesos experimentais sobre improvisación, error visual, música incidental, drone e ritmos minimalistas.

Vikingland 2016 parte do material gravado en formato caseiro Hi8 nos anos 90 por “O Haia”, un mariñeiro galego que traballaba a bordo do Vikingland, barco que facía a rota regular no Mar do Norte entre as cidades de Romo (Dinamarca) e a illa de Sylt (Alemaña) transportando mercadorías. O realizador Xurxo Chirro atoupou estas fitas e fixo unha película no 2011. Agora Ulobit toma parte dese material bruto para darlle un novo significado a través da música e a transformación das imaxes orixinais.


Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar