• gl



ALIMENTACIÓN DOS PEIXES DO ACUARIO. 23 e 30 decembro 2016

Dirixida a todos os públicos e sen límite de idade.

OS VENRES 23 E 30 DECEMBRO 2016

TURNO 11.30 (máximo 30 participantes)
TURNO 11.45 (máximo 30 participantes)

SEN RESERVA PREVIA
Entrada por orden de chegada ata completar aforo*

*As entradas poderán collerse a partir da apertura do museo ás 10:00 horas

IMPORTANTE:

  • Cada persoa poderá coller entradas para un MÁXIMO DE 3 PARTICIPANTES en total (nenos de calquera idade e adultos incluídos); poderán ser máis en caso de ser familia numerosa que deberá acreditalo co carné correspondente.
  • O prezo da entrada é o correspondente á entrada de acuario, que é de 2 € entrada normal, 1 € entrada reducida (menores de 8 a 18 anos, estudantes, desempregados e xubilados) e os menores de 8 anos non pagan (se queren ver o resto do museo poden consultar os prezos na recepción)

Nesta actividade poderán ver como un dos nosos acuaristas se mergulla para dar de comer aos peixes do acuario, ademais a actividade irá acompañada dunha presentación destes pequenos habitantes na que tamén se explicará como é a súa alimentación.

Para máis información pode chamarnos de martes a venres de 10 a 14 h ao 986247750


Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar