• gl



SÁBADO 29 OUTUBRO. APERTURA NOVOS ACUARITOS E EXPOSICIÓN DO XOGUETE “LUDOMAR”

A partir deste sábado 29 de outubro o museo abrirá ao público de forma permanente catro pequenos acuarios e a exposición de xoguetes “LUDOMAR”, cuxas pezas foron cedidas pola Fundación Raquel Chaves.

Para celebralo durante o sábado 29 e domingo 30 de outubro todas as persoas que queiran achegarse a ver soamente os novos acuaritos pagarán a entrada reducida (1€/persoa). Para consultar as tarifas para visitar o resto do museo pode clikar nesta ligazón

Nos acuarios poderanse observar cabaliños de mar, peixes pipa, camaróns, arañas de mar, algas coraliformes, gobios nadadores, ovos de raia e crías de raia nadas nas nosas instalacións.

Na exposición de xoguetes poderán ver unha parte da colección da Fundación Raquel Chaves, en concreto a parte relacionada co mundo do mar, na cal existen algunhas pezas con máis de cen anos de antigüidade.


Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar