DE MARTES A VENRES ÁS 11:30. CON RESERVA PREVIA.
(Mínimo 5 e máximo 25 participantes)
A PARTIR DE 8 ANOS (menores sempre acompañados de adultos)
- Os sabores de Roma
É unha viaxe no tempo empregando a arqueoloxía como medio para descubrir e
recrear diferentes aspectos da alimentación en época romana.
Descubriremos o que comían, como o comían, e incluso porque o comían. Tamén
coñeceremos como transportaban os alimentos, como os conservaban e
transformaban, como eran os seus costumes á hora de comer e, o mellor de todo, a
que sabían algunhas das cousas que comían. UMMM RICO, RICO, RICO…
- Descubrindo Salinae
Visita guiadaespecial a esta fermosa salina romana, nela poderán coñecer un pouco máis sobre mundo romano en xeral e sobre esta salina en particular.