Este xoves 26 DE XUÑO ás 20:00 horas no 2º edificio do noso museo temos o gusto de contar cun dos concertos organizados dentro do Ciclo “Do Audible”
Do Audible é un ciclo de concertos promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, coa colaboración de Vertixe Sonora, que procura a normalización da escoita de música contemporánea no noso territorio.
En O CANTO DAS BALEAS mergullarémonos nalgunhas das obras mestras inspiradas no mar aparecidas no século XX da man do crítico e divulgador de música contemporánea Francisco Ramos, autor do imprescindible La música del siglo XX. Una guía completa, editada por Turner. Fronte ao mar de Vigo, no espectacular Museo do Mar de Galicia, atracaremos descoñecidos portos sonoros; agárrense forte, prometemos marusía.
Para máis información neste enlace
ENTRADA DE BALDE
Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar