• gl



DOMINGO 18 DE MAIO. Xornada de portas abertas no Museo do Mar de Galicia.

Ante o éxito e gran afluencia de público acadado no anterior Día Internacional dos Museos, este ano 2014 o Museo do Mar de Galicia vai a volver a celebralo cunha xornada de portas abertas durante todo o domingo 18 de maio.

Ao longo desta xornada todas as persoas que se acheguen ao museo no seu horario de apertura (de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 19:00) poderán visitalo completamente de balde e, ademais, o museo reforzará a súa plantilla para que os/as visitantes podan contar con monitores/as nas diferentes salas do museo para resolver as dúbidas e preguntas que lles desexen formular.


Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar