VENRES 11 DE ABRIL ás 19:30
Auditorio Museo do Mar de Galicia.
CHARLA
A Armada Invencible: Felipe II e o Mar do Norte (1588). Yago Abilleira
ENTRADA GRATUITA.
No verán de 1588 Felipe II conseguiu poñer en marcha o seu plan para invadir Inglaterra. Un poderoso continxente naval fíxose á mar, en busca dunha victoria que parecía segura… Por que se chegou a este extremo?, chegouse a combater?, por que se afundiron tantos e tantos barcos en Irlanda?…
A estas e outras preguntas responderanos Yago Abilleira (Pontevedra, 1982) investigador de Historia Naval e colaborador en varias campañas de Arqueoloxía Submarina.É autor do libro “Los galeones de Vigo” e de numerosos artigos de naufraxios en Galicia.Membro da Real Liga Naval Española e Delegado da Zona Norte da Asociación de Amigos da Arqueología Submarina.
————————————————————————————————————————————————————————————SÁBADO 12 DE ABRIL ás 20:00
Auditorio Museo do Mar de Galicia
CONCERTO
Gustavo Almeida. Presentación do seu novo disco “Desde el coche”
ENTRADA GRATUITA.
Gustavo Almeida é un músico de orixe brasileira que leva na nosa terra xa uns cantos anos, a súa música é unha fusión de estilos, onde se atopan o Pop, o Funk e o Reggae con influencias rítmicas e harmónicas da rica música de Brasil.
O disco que presenta este sábado é xa o seu terceiro disco e nel cada nova composición é unha sorpresa, ata para el mesmo.
————————————————————————————————————————————————————————————-
DO MARTES 15 A XOVES 17 de ABRIL ás 11:30
Aula de didáctica do Museo do Mar de Galicia
ACTIVIDADE
Descubrindo os segredos arqueolóxicos do Museo do Mar de Galicia
RESERVA PREVIA.
CONDICIÓNS DA RESERVA:
Tomando como punto de partida o xacemento castrexo do Museo, esta actividadeofrece a posibilidade de facer unha viaxe no tempo que revelará as complexas relacións entre as persoas que habitaron este castro e o mar. Os participantes converteranse en arqueólogos e realizarán unha escavación arqueolóxica fielmente simulada, para despois traballar os resultados nun laboratorio científico, e, para rematar, empregando réplicas exactas, experimentarán por si mesmos algúns dos aspectos do traballo diario das xentes que viviron en época castrexa e romana.
————————————————————————————————————————————————————————————-
VENRES 18 DE ABRIL ás 11:30
Acuario do Museo do Mar de Galicia
ACTIVIDADE
Alimentación dos peixes do acuario
RESERVA PREVIA.
CONDICIÓNS DA RESERVA:
Nesta actividade verán como un dos nosos acuaristas métese dentro do tanque para dar de comer aos peixes, actividade que irá acompañada dunha breve explicación onde se presentarán as especies que habitan no acuario e falarase sobre como é a súa alimentación.
Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar