• gl



PRESENTACIÓN DO LIBRO-DISCO "Doce canciones gallegas"

Este xoves 20 de marzo, ás 19 horas, no Auditorio do noso museo, preséntase o libro-disco DOCE CANCIONES GALLEGAS

‘Doce canciones gallegas’ é un traballo da soprano Begoña Salgueiro e do pianista Brais González que achega música contemporánea con textos poéticos clásicos da literatura galega.

O libro está prologado por Luis Costa, contén un texto crítico de Carlos L. Bernárdez e ilustracións de Menca Estévez. Nel inclúense os doce poemas nunha versión bilingüe cunhas notas a pé de páxina de Begoña Salgueiro.

‘Doce canciones gallegas’ reúne poesías de autores galegos do talle de Rosalía de Castro, Manuel Curros Enríquez, Vicente Risco, Ramón Cabanillas, Antonio Noriega Varela e Xosé Ramón e Fernández-Oxea (Ben-Cho-Shey), musicadas por diversos compositores españois da segunda metade do século XX como Frederic Mompou, Xavier Montsalvage, Jesús Guridi, Eduard Toldrà ou Joaquín Rodrigo, entre outros.

As “Doce canciones gallegas” foron publicadas pola Deputación de Ourense nos anos 50, recollendo a iniciativa do crítico ourensán Antonio Fernández-Cid, quen encargou distintos compositores españois da post-guerra que compuxeran unha canción sobre un poema en galego, e agora son rescatadas para que podamos disfrutar delas na voz da coñecida soprano galega Begoña Salgueiro.


Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar