Este xoves 13 de marzo, ás 19:30 horas, terá lugar no Auditorio do Museo do Mar de Galicia a presentación da nova edición do libro Cruceiros, cruces e petos de ánimas en Terras de Fragoso de Manuel Gonzalo Prado González
Nesta presentación, ademais de contar coa presenza do autor que nos explicará brevemente o contido do libro, todas as persoas que se acheguen poderán facerse cun exemplar de forma gratuíta
O libro, tal como indica no seu prólogo “achéganos a modo de inventario estes elementos patrimoniais, cun obxectivo didáctico e divulgativo, acompañado de numerosas fotografías e gráficos para espertar e concienciar tanto ás institucións públicas como á cidadanía sobre a necesidade de conservar o patrimonio”.
Nesta nova edición, en tapa dura e con fotografías a color, realizada pola Deputación de Pontevedra, os/as lectores/as poderán contemplar con detalle os cincuenta cruceiros, vinte e cinco cruces de pedra e dezasete petos de ánimas existentes nas parroquias históricas do Fragoso.
Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar