• gl



PRÓRROGA DA EXPOSICIÓN DE XOGO E XOGUETE ANTIGO “UNHA MAREA DE ONDAS LÚDICAS”

Debido ao gran éxito acadado por esta exposición, o Museo do Mar de Galicia decidiu prorrogar a súa data de peche ata o 30 de marzo, para que todas aquelas persoas que aínda non puideron achegarse a disfrutar desta magnífica exposición poden facelo durante o mes de marzo.

Ademais coa ampliación da exposición amplíanse tamén as actividades didácticas a ela asociadas, actividades dirixidas a todos os públicos (escolares, familias con cativos a partir de 3 anos, grupos de asociacións, de amigos, con necesidades especiais, etc.), nas que se pode facer dende unha simple visita guiada ata pasar ao noso taller e xogar con algúns dos xogos e xoguetes expostos.

ACTIVIDADES PARA ESCOLARES
VISITAS GUIADAS
de martes a venres en horario de mañá ou tarde.

ACTIVIDADES PARA GRUPOS CON NECESIDADES ESPECIAIS
VISITA GUIADA con XOGOS EN OBRADOIRO
de martes a venres en horario de mañá.

ACTIVIDADES PARA GRUPOS DE ADULTOS
VISITAS GUIADAS
de martes a venres horario de mañá ou tarde.
sábados e domingos ás 17:30 h.

ACTIVIDADES PARA FAMILIAS con cativos a partir de 3 anos.
VISITA GUIADA con XOGOS EN OBRADOIRO
sábados e domingos ás 11:30 h.


Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar