Cando: VENRES 7 de marzo ás 19 h
Onde: No salón de actos do Museo do Mar de Galicia
ENTRADA DE BALDE
Esta obra, escrita por Diego Quevedo, Lino Pazos, Cristino Castroviejo e Alejandro Anca, está dedicada á historia do desenvolvemento submarino en España, e supón, en palabras dos seus autores, «unha merecida homenaxe e recoñecemento a todos estes españois, que destacaron pola súa excelencia científica, visión de futuro, pulo innovador e esforzo persoal». Todas as persoas que se mergullen na súa lectura atoparanse con figuras ás que non se lles deu o recoñecemento merecido na carreira cara á obtención da nave submarina e as armas que lle son propias, como Junquera, Isidoro Cabanyes e Miguel Bonet, Antonio Sanjurjo, Eduardo Mier ou Raimundo Lorenzo de Equevilley, personalidades postergadas ante a historia tras os nomes de Cosme García, Narciso Monturiol e Isaac Peral.
O volume, do cal se tirou unha curta edición, ten unha extensión de 254 páxinas, con 60 ilustracións e a reprodución de 15 planos.
Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar