Cando: VENRES 14 de febreiro ás 20 h
Onde: No salón de actos do Museo do Mar de Galicia
ENTRADA DE BALDE
A presentación contará coa presenza do seu autor, Alex Aguilar, catedrático do Departamento de Bioloxía Animal da Universidad de Barcelona e director do Instituto de Investigación de la Biodiversidad de la UB, que estará acompañado por Anxo Lorenzo, Secretario de Cultura e José Martínez, Biólogo da CEMMA.
Chimán é o produto de mesturar unha ardua labor de investigación, na que o autor examinou documentación de moitos dos arquivos das empresas baleeiras, coas súas vivencias persoais, obtidas dos seus anos de traballo como biólogo nunha das grandes factorías baleeiras galegas, xunto con rexistros orais de traballadores e empresarios e imaxes ata agora inéditas.
Chimán conta parte da nosa historia e por iso non deberíamos deixar de léelo.
Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar