• gl



Inauguración nova exposición temporal. UNHA MAREA DE ONDAS LÚDICAS

O mércores 4 de decembro ás 19:30 horas terá lugar a inauguración desta nova exposición na que a Fundación Raquel Chaves e o Museo Galego da Infancia, Xogo e Xoguete, amosarán un anaquiño da súa gran colección de xogos e xoguetes antigos, en concreto aqueles relacionados co mundo do mar.

A exposición estará aberta ao público dende
xoves 5 de decembro de 2013 ao 2 de marzo de 2014
de martes a venres de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 19:00.

Contará con diversas actividades que se irán anunciando, e entre as primeiras temos unha XORNADA DE PORTAS ABERTAS para ver a exposición dende o xoves 5 ao domingo 8 de decembro.

Anímense a vir e navegar polo mar de ondas lúdicas onde seguro poderán revivir lembranzas do seu pasado!


Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar