• gl



ACTIVIDADES DIDÁCTICAS PARA ESCOLARES NO CENTRO ARQUEOLÓXICO DO AREAL "SALINAE". CURSO 2013-2014

Aquí deixamos a nova oferta de actividades didácticas para escolares no Centro Arqueolóxico do Areal “Salinae”, para o curso 2013-2014, esperamos que veñan a disfrutalas. Descargar PDF

“Os sabores de Roma”.É unha viaxe no tempo empregando a arqueoloxía como medio para descubrir e recrear diferentes aspectos da alimentación en época romana.
A través de tres módulos interactivos e participativos, repletos de réplicas e obxectos orixinais, así como de experiencias moi especiais, daremos resposta a unhas cantas cuestións relacionadas coa cociña e os alimentos en época romana.
Descubriremos o que comían, como o comían, e incluso porque o comían. Tamén coñeceremos como transportaban os alimentos, como os conservaban e transformaban, como eran os seus costumes á hora de comer e, o mellor de todo, a que sabían algunhas das cousas que comían. UMMM RICO, RICO, RICO

CURSOS: de 2º ciclo de primaria a bacharelato
DURACIÓN: 90 min. aprox.
N º DE PARTICIPANTES: 25 máximo

“Descubrido Salinae”. Coma novidade este curso presentamos a opción de realizar unha visita guiada especial a esta fermosa salina romana, e dicimos especial porque irá acompañada de réplicas e outros obxectos de interese que farán a visita máis entretida e
didáctica para o seu alumnado.
Nela poderán coñecer un pouco máis sobre mundo romano en xeral e sobre esta
salina en particular.

CURSOS: de 2º ciclo de primaria a bacharelato
DURACIÓN: 90 min. aprox.
N º DE PARTICIPANTES: 25 máximo


Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar