O museo ten a sorte de poder inaugurar un novo espazo adicado principalmente ao maquetismo naval, no que se poderá disfrutar de auténticas xoais desta disciplina, construidas a súa maioría por Santiago Signo (1930-2010), un vigués perito industrial de profesión, pero maquetista naval de corazón, cuxa colección está depositada na súa totalidade no noso museo.
Este novo expazo está composto na planta baixa por seis maquetas que reflicten as diferentes tipoloxías de embarcións tradicionais de Galicia (4 son de Santiago Signo), todas elas cunha explicación técnica, e as de Signo acompañadas, ademais, do plano e alzado da embarcación feitos polo propio maquetista.
No tocante á primeira planta o que se amosa é unha selección de embarcacións históricas construídas por Santiago Signo ao longo da súa vida; en concreto son 8 maquetas entre as que atopamos goletas baleeiras, buques de pasaxe, clippers e un galeón; todo isto complementado por unha carta mariña orixinal.
En paralelo a esta sala tamén atoparán mellorado un espazo anexo no que as maquetas de buques pesqueiros expostas, agora están acompañadas por fotografías dun artista francés, Lucien Girarden, sobre parellas de barcos galegos nas terras de Terra Nova, nas que se amosa a dureza da pesca de altura.
Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar