• gl



ACTIVIDADES SEMANA SANTA 2013

Esta Semana Santa o Museo do Mar de Galicia quere ofrece a todas as persoas que lle interese pasar un día diferente, entretido á par que educativo; por un lado na propia sede do museo en Alcabre terán a posibilidade de mergullarse nas profundidades do mar e descubrir segredos longo tempo gardados, e por outro no Centro Arqueolóxico do Areal “Salinae” poderán aschegarse aos sabores do mundo romano cun obradoiro novidoso e especial.

ACTIVIDADES NO MUSEO DO MAR DE GALICIA
(Avda. Atlántida, nº 160. Alcabre. Vigo)

VIAXE AO MUNDO SUBMARINO
Do 26 ao 30 de marzo
De martes a sábado ás 11:30 h.

Nesta ocasión o público poderá coñecer de preto os segredos , anécdotas e descubrimentos da historia da conquista dun vello soño humano: ser coma os peixes e poder desvelar os misterios dos fondos mariños…..e volver a superficie para contalo, claro.
Faremos unha visita guiada á sala do mundo submarino do noso museo, pero non coma simples testemuñas senón coma protagonistas da historia.

Deste xeito e da man de xenios como Da Vinci, Cousteau, Monturiol, Sanjurjo Badía e outros, descubriremos experimentalmente cales son os perigos de mergullarnos, cales son as técnicas e tecnoloxías máis antigas para explorar o mundo baixo as olas (probaremos equipos de mergullo antigos), que cousas estrañas pasan ao respirar determinados gases comprimidos a grandes profundidades, marcaremos quenllas con arpóns submarinos, descubriremos como era a tecnoloxía dos primeiros sumariños e fabricaremos electricidade cunha vella pila de metal, papel e auga, veremos peixes abraiantes a 1500 metros de profundidade dende a portilla dun batiscafo, e por último visitaremos o acuario para comprobar que foi o que nos permitiu aprender da vida mariña o feito de mergullarnos.

Toda unha aventura para estas vacacións.

PARA TODOS OS PÚBLICOS *

  • Menores a partir de 8 anos e sempre acompañados dunha persoa adulta.
    Duración 1 h e 30 min aprox.
    Mínimo 4 persoas e máximo 25.
    Require cita previa (telf. 986247750)
    Consultar prezos.

CONTACONTOS NO ACUARIO “ A LENDA DOS MARIÑO”
Domingo 24 e 31 de marzo ás 12:00 h.

PARA TODOS OS PÚBLICOS *

  • Menores de 3 a 7 anos e sempre acompañados dunha persoa adulta.
    Duración 45 min. aprox.
    Máximo 25 persoas.
    Require cita previa (telf. 986247750)
    Consultar prezos.

Nesta actividade somerxeremos aos máis pequenos no fondo do mar, onde lles contaremos a lenda tradicional de “Os Mariño de Galicia” e exploraremos as lembranzas de Xan Mariño, vello lobo de mar. Tamén coñeceremos moitos segredos dos peixes do acuario e….¡ah! poderemos contemplar a momia dun verdadeiro home peixe….algo único e memorable.

ACTIVIDADES NO CENTRO ARQUEOLÓXICO DO AREAL “SALINAE”
(r/. Rosalía de Castro , nº 21-23. Vigo)

OS SABORES DE ROMA
Do 26 ao 30 de marzo
De martes a sábado ás 11:30 h.

Propoñemos aos nosos visitantes realizar unha pequena viaxe no tempo perseguindo os segredos dos sabores dos alimentos, sólidos e líquidos, da época romana. Viaxaremos polas súas costumes á hora de transportar alimentos, de conservalos, de cociñalos e de consumilos e disfrutaremos experimentalmente dalgúns sabores propios desta cultura. ¡Que aproveite!

PARA TODOS OS PÚBLICOS *

  • Menores a partir de 8 anos e sempre acompañados dunha persoa adulta.
    Duración 1 h e 30 min aprox.
    Mínimo 4 persoas e máximo 25.
    Require cita previa (telf. 986247750)
    Gratuita


Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar