Encontro de embarcacións tradicionais de Galicia

Desde o ano 2003 o Museo do Mar de Galicia colabora como organizador, xunto coa Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial dos Encontros de Embarcacións Tradicionais de Galicia. Neste evento, que se celebra cada dous anos e que ten sede itinerante polos portos do país, o Museo encárgase de organizar a faceta cultural en terra, programando obradoiros, xornadas técnicas e, sobre todo, o chamado Pavillón dos Museos, un lugar de encontro a nivel internacional das asociacións e museos que teñen entre os seus fins a divulgación e conservación do patrimonio marítimo.

Máis información en www.culturamaritima.org


Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar