• gl



EXPOSICIÓN TEMPORAL "VIA IACOBITANA. OS CAMIÑOS DE SANTIAGO EN GALICIA"

  • Cando: do 19 outubro ao 25 de novembro 2018
  • Lugar: Sala de exposicións temporais do 2º edificio do Museo do Mar de Galicia.

Trátase dunha colección de fotografías sobre o Camiño de Santiago realizadas por fotógrafos galegos que se converteron en peregrinos para plasmar a súa visión particular e as sensacións que lles suxire a Ruta Xacobea.

A través das imaxes que se expoñen poderase contemplar o Camiño de Santiago dende diferentes ópticas, disfrutando das paisaxes cambiantes por mor da época do ano, da luz ou dos protagonistas das imaxes.

A exposición é gratuíta e permanecerá aberta no seguinte horario:

  • De martes a venres de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 19:00
  • Sábados, domingos e festivos de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00


Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar