• gl



Exposición temporal "Raniero Fernández. O arquivo"

  • Cando: Do 30 de marzo ao 2 de xullo 2023.
  • Onde: Salas de exposicións temporais do Museo do Mar de Galicia.
  • Entrada GRATIS.

O Museo do Mar de Galicia ten o pracer de mostrar nas súas salas de exposicións temporais esta exposición de fotografías de Raniero Fernández, unha revisión da súa obra dende a conteporaneidade, contextualizada na fotografía galega de a súa época.

A mostra inclúe ademais unha escolma de obras de fotógrafos coetáneos de Raniero Fernández como Manuel García Ferrer, Francisco Losada, Luis Rueda, Schmidt de las Heras, Ricard Terré, José Veiga Roel e Luis Zamora, que permite contextualizar mellor o seu traballo.

Na exposición, comisariada por Manuel Sendón e Xosé Luís Suárez Canal, realizada en colaboración co Centro Galego de Arte Contemporánea, poderán verse, entre outras, fotografías vencelladas ao mundo do mar, algunhas delas realizadas no porto de Vigo.


Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar