Nova exposición temporal. "SEICA no Museo do Mar de Galicia" de Xesús Carballido


CANDO: do mércores 23 de setembro ao domingo 1 de novembro de 2020

ONDE: Sala de exposicións temporais do 2º edificio do Museo do Mar de Galicia.

HORARIO DE APERTURA: A mostra poderá visitarse no horario de apertura habitual do museo

O noso museo ten a sorte de contar durante case un mes e medio coa posibilidade de amosar as obras de Xesús Carballido, artista galego nado en O Carballiño en 1954, cuxo traballo é absolutamente inconfundible, peculiar e estraño.

Carballido emprega todo tipo de pequenos obxectos para crear as súas obras, desde tipos de imprenta a cunchas mariñas, ferros forxados, restos de xoias, etiquetas de produtos comerciais e mil cachivaches máis; construíndo con todo elo minimundos que nos trasladan a lugares misteriosos, pero tamén coñecidos, como gardados nos recunchos da nosa memoria.

Esperamos que gocedes da visita a esta magnífica exposición.




Museo do Mar de Galicia.