O Acuario amosa a pequena escala o tránsito submarino que vai desde o Museo até a costa atlántica das Illas Cíes, percorrendo tres ecosistemas: costa, ría e illas.
Na costa a influencia do home modificou o substrato e a columna de auga coa construción de peiraos e rompeondas. Neste hábitat alterado buscan refuxio especies como sardiñas, sargos, douradas, pintos, ollomois, congros, lumbrigantes e outros crustáceos e invertebrados.
Na ría, as alteracións proceden da existencia de bateas. A súa presenza transforma os fondos mariños de area en fondos limosos e con pouco osíxeno.
Ao achergármonos ás Illas Cíes atopamos un ecosistema virxinal e prístino. Nestas zonas de augas máis batidas predominan os percebes nas rochas e as algas calcáreas que forman os fondos de Maërl, con peixes peláxicos como as obladas, chopas, bogas e sardiñas, ou demersais como o abadexo.
Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar