• gl



O PAÍS DAS BANDAS. Actuacións de bandas de música populares galegas.

Grazas a este programa, promovido pola Xunta de Galicia e a Federación Galega de Bandas de Música Populares que busca servir de motor para recuperar a actividade das bandas de música galegas, o noso museo durante 4 xoves de xullo contará coas actuacións de diferentes bandas de música viguesas.

A primeira actuación o día 1 de xullo será da banda “Unión Musical de Valladares”

CANDO: 1, 8, 15 e 22 de xullo 2021

HORA: 20:30 h

ONDE: Baixada principal do Museo do Mar de Galicia (Avda. Atlántida, 160, 36208. Vigo)

ENTRADA gratis POR ORDE DE CHEGADA ata completar aforo (aforo limitado).

MEDIDAS DE SEGURIDADE A CUMPLIR por mor da COVID-19:

- Aínda que é no exterior será OBRIGATORIO o uso de MÁSCARA SANITARIA

- Poderán sentarse nas cadeiras a partir das 19:30

- As CADEIRAS NON poderán MOVERSE, estarán colocadas de xeito individual e non poderán xuntarse


Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar