• gl



CONCERTO DE CARMEN PENÍM. Cantos de Terra e Sal.

A artista galega Carmen Penin, ven a presentar o seu último traballo “Cantos de Terra e Sal”, un cd no que realiza versións persoais dos vellos romances escoitados na infancia no pobo, así coma dalgunhas das máis coñecidas cancións que forman parte da música tradicional galega.

  • CANDO: 12 de xuño 2021
  • HORA: 17:30 h
  • ONDE: 2º edificio do Museo do Mar de Galicia (Avda. Atlántida, 160, 36208. Vigo)
  • GRATIS. Con RESERVA PREVIA. Máximo 3 persoas por reserva!

COMO RESERVAR

Cubrindo o cuestionario que aparece PREMENDO AQUÍ (lembre darlle a ENVIAR ao rematar de cubrir o cuestionario):

As persoas que teñan praza recibirán un mail do Museo do Mar de Galicia coas invitacións correspondentes (lembren que sen invitacións non se poderá acceder ao concerto)

Para máis información poden contactar co museo en info.museodomar@xunta.es ou no 986247750 en horario de apertura do museo.


Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar