• gl



Obradoiro infantil “Plásticos no mar? Cambiemos o conto!” + Presentación do libro “Un mundo para Maruxa” de Estefanía Padullés

Cando: mércores 30 decembro 2020
Hora: 12.00 h
Duración: 90 minutos aprox
Onde: Museo do Mar de Galicia (Avda. Atlántida, 160, 36208. Vigo)
Dirixido a: Familias con nenos/as a partir de 4 anos

AFORO LIMITADO. CON RESERVA PREVIA

IMPORTANTE. Co obxecto de minimizar os riscos da Covid, os/as participantes na actividade deberán traer os seus lapis de cores e as súas tesoiras

ENTRADAS:

  • A entrada é de balde con reserva previa
  • Máximo 4 participantes por reserva (non máis de 2 adultos por reserva)
  • OLLO! Necesitan a confirmación do museo para poder entrar, sen confirmación do museo non hai entrada. O museo enviará esta confirmación uns días antes do espectáculo

RESERVAS.

Enviando un mail a info.museodomar@xunta.es, no que deberán indicar:

  • Nome e apelidos da persoa que fai a reserva
  • N.º de teléfono:
  • N.º adultos/as participantes:
  • N.º de nenos/as participantes e idades:

Este mércores 30 de decembro contaremos coa presenza de Estefanía Padullés que ven a presentarnos o seu libro “Un mundo para Maruxa” e facer un obradoiro para os nenos e as nenas sobre a contaminación por plásticos no mar.

A través da aventura de Iria, unha nena que atopa unha londra mariña que enfermou por mor de comer plástico, concienciará aos cativos e ás cativas da necesidade de reducir o uso de plásticos. E para elo entre outras cousas colorarán e recortarán unhas cartolinas con debuxos para montar unha roda coas alternativas para reducir a presenza dos plásticos no mar.


Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar