• gl



Cine no Camiño. Proxección do filme “O que Arde” de Oliver Laxe

Cando: sábado 26 decembro 2020
Hora: 12:00 e 17:30 h
Onde: Museo do Mar de Galicia (Avda. Atlántida, 160, 36208. Vigo)

GRATIS

AFORO LIMITADO. CON RESERVA PREVIA

Este Nadal 2020 tamén temos actividades para os adultos, e comezamos coa proxección no noso auditorio, totalmente gratis, do filme “O que arde” de Oliver Laxe, premio do Xurado no Festival Internacional de Cine de Cannes 2019 e premios Goya 2020 á mellor actriz revelación e á mellor fotografía.

Ademais teremos a sorte de contar no horario das 17:30 co director co que se fará un pequeno coloquio ao rematar a proxección.

ENTRADAS:

  • A entrada é de balde con reserva previa
  • Máximo 2 participantes por reserva
  • OLLO! Necesitan a confirmación do museo para poder entrar, sen confirmación do museo non hai entrada. O museo enviará esta confirmación uns días antes do espectáculo

RESERVAS.

Enviando un mail a info.museodomar@xunta.es, no que deberán indicar:

  • Nome e apelidos da persoa que fai a reserva:
  • N.º de teléfono:
  • Nome da persoa acompañante:
  • Horario de escollido para asistir (12:00 ou 17:30):

Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar