• gl



BASES CONCURSO DE FOTOGRAFÍA EN INSTAGRAM DEL CENTRO ARQUEOLÓGICO DEL ARENAL "SALINAE"

A Fundación Museo do Mar de Galicia vén convocar na súa rede social de Instagram un concurso de fotografía, é un concurso con carácter semanal para maiores de 16 anos.

COMO PARTICIPAR:

1- Debes ser ou facerche seguidor/a da conta de Instagram do Centro Arqueolóxico do Areal “Salinae”(salinaecentroarqueoloxico)
2- Buscar fotografías que mostren o Centro Arqueolóxico do Areal “Salinae” xa sexa o seu interior, unha peza ou o edificio.
3- Compartir unha fotografía co hashtag #concursoEuEstivenEnSalinae e nomear a @salinaecentroarqueoloxico

PREMIO:

- Publicación nas 3 redes sociais do centro da fotografía (Facebook, Instagram e Twitter), nomeando á persoa gañadora, usando o nome que utilicen en Instagram.

- Participación da persoa gañadora xunto á súa familia (parella e/ou fillos/ as) ou máximo 4 amigos/ as nunha actividade didáctica especial para eles/ as, organizada en fin de semana no horario de apertura do centro.

  • A execución do premio realizarase unha vez volva abrir o centro ao público

IMPORTANTE:

- As fotografías publicaranse de luns a sábado e o domingo sobre as 18 h anunciarase á persoa gañadora.

- Cada participante poderá participar con tantas fotos como desexe, aínda que só poderá subir unha por semana.

- Non se admitirán participacións cuxas imaxes ou comentarios poidan ferir a sensibilidade do público, infrinxan as normas de instagram ou non se consideren apropiadas para a imaxe do centro.

-Se un participante ten a súa conta de Instagram configurada como privada, a súa participación non poderá ser monitorada pola organización.

BASES CLIKANDO AQUÍ


Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar