• gl



REUNIÓN "PROYECTO ESTRÍMNIDES". Estudo da presencia fenicia no noroeste peninsular durante o primerio milenio a.C

CANDO: 16 de xuño 2016

HORARIO: de 17 a 20h

ONDE: Museo do Mar de Galicia

Un equipo de investigación formado por membros da Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Sevilla e o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) está presentandonesta semana o proxecto Estrímnides, financiado polo Ministerio de Economía y Competitividade.

Ten por obxecto estudar a presencia fenicia no noroeste peninsular (Galicia e norte de Portugal) durante o primeiro milenio a.C.. O proxecto centrase en investigar as relacións comerciais que as comunidades do noroeste mantiveron con pobos do sur da Península Ibérica e o Mediterráneo en Xeral.

A semana do 13 ao 17 de xuño, os investigadores sevillanos están a realizar a súa primeira estancia de traballo en Galicia para facer una serie de actividades para avanzar no estudo dos materiais arqueolóxicos de procedencia mediterránea recuperados en castros galegos.

A semana culminará nunha reunión de traballo o día 16 que se celebrará no Museo do Mar para presentar os obxectivos do proxecto á comunidade arqueolóxica galega.

Nesta reunión intervirán Josefa Rey Castiñeira, Javier Rodríguez Corral da Universidade de Santiago de Compostela, Emilio Abad do CESGA (Centro de supercomputación de Galicia) e Eduardo Ferrer Albelda, Francisco José García Fernández e Antonio Sáez Romero (Universidad de Sevilla) e o arqueólogo Juan Naveiro Lopéz


Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar