O mércores 5 de marzo ás 19 horas terá lugar no noso museo a inauguración dunha nova exposición temporal, MAR DE CAMELIAS, de Cristina Varela, nela poderán disfrutar de fermosas fotografías todas elas relacionadas co mundo do mar e da camelia.
Esta exposición forma parta do conxunto de actividades complementarias que se desenvolverán paralelamente ao Congreso Internacional da Camelia Pontevedra 2014, cuxo programa poden consultar no seguinte enlace
A exposición estará aberta ao público dende o xoves 6 ao domingo 30 de marzo en horario de apertura do museo (de martes a domingo de 10 a 14 h e de 17 a 19 h)
Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar