Resolución de adxudicación provisional do concurso público para a contratación por procedemento aberto, dun servizo de asistencia técnica para a dinamización do Acuario do Museo do Mar de Galicia


EXPTE SER/10/84

O órgano de contratación da Fundación Museo do Mar de Galicia, dacordo co establecido nas Instruccións Internas de Contratación aprobadas polo Padroado de 26 de xuño de 2008, vistas as ofertas presentadas a licitación e o informe de valoración de ofertas,

RESOLVEU

  1. Adxudicar provisionalmente o citado contrato á empresa ALIART ENGINEERING S.L., con CIF B-62208988 por un importe de OITENTA E DOUS MIL EUROS (82.000,00 euros) que co IVE correspondente ascende a un total de NOVENTA E SEIS MIL SETECENTOS SESENTA EUROS (96.760,00 euros), IVE incluído.
  2. Establecer como prazo máximo de execución do contrato UN ANO.
  3. Ordenar a publicación no perfil do contratante.

Vigo, a 22 de decembro de 2010

O Director

Pablo Carrera López




Museo do Mar de Galicia.