EXPEDIENTE: SER/10/0037
ASUNTO: Contratación do gabinete de difusión e atención ao público do Museo do Mar de Galicia.
Con data 2 de xullo de 2010 o Órgano de Contratación da Fundación Museo do Mar de Galicia resolveu adxudicar provisionalmente o contrato para o gabinete de difusión e atención ao público do Museo do Mar de Galicia, por procedemento aberto, a favor da empresa VAN DIVULGACION CULTURAL S.L., por importe de 592.000,00 euros, mais IVE.
Dende a publicación o día 2 de xullo no perfil do contratante da Resolución da adxudicación provisional, deuse un prazo de tres días hábiles establecido no punto 60 das Instruccións de Contratación da Fundación Museo do Mar de Galicia, para presentar a documentación correspondente e poder efectuar a elevación a definitiva.
Unha vez comprobada a presentación da devandita documentación en tempo e forma, o Órgano de contratación da Fundación e, en cumprimento do disposto no punto 60 das Instruccións de Contratación da Fundación
RESOLVE:
A presente resolución será notificada ao adxudicatario definitivo e aos licitadores. Asimesmo, ordénase a publicación desta resolución no perfil do contratante, de acordo co regulado no punto 62 das Instruccions de contratación da Fundación Museo do Mar de Galicia.
Vigo, a 15 de xullo de 2010
O Director
Pablo Carrera López
Museo do Mar de Galicia.
Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
contacto