RESOLUCIÓN DE ELEVACIÓN A DEFINITIVA DA ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DO CONCURSO PUBLICO PARA A “ CONTRATACIÓN, POR PROCEDEMENTO ABERTO, DO SERVIZO DE GABINETE DIDÁCTICO, DE DIFUSIÓN E ATENCIÓN AO PÚBLICO DO MUSEO DO MAR DE GALICIA E DO CENTRO ARQUEOLÓXICO DO AREAL”. SER/15/20
Con data 12 de xuño de 2015 o Órgano de Contratación da Fundación Museo do Mar de Galicia resolveu adxudicar provisionalmente o contrato para o GABINETE DIDÁCTICO, DE DIFUSIÓN E ATENCION AO PÚBLICO DO MUSEO DO MAR DE GALICIA E DO CENTRO ARQUEOLÓXICO DO AREAL-SALINAE, por procedemento aberto, a favor da empresa ILUMINART SERVICIOS CULTURAIS S.L., por importe de 83.000,00 euros, IVE excluido.
Dende a publicación no perfil do contratante da Resolución da adxudicación provisional, deuse un prazo de 5 días hábiles establecido nos pregos, para presentar a documentación correspondente e poder efectuar a elevación a definitiva.
Unha vez comprobada a presentación da devandita documentación en tempo e forma, o Órgano de contratación da Fundación e, en cumprimento do disposto no punto 60 das Instruccións de Contratación da Fundación
RESOLVE:
1º Elevar a definitiva a adxudicación do citado contrato a favor da empresa ILUMINART SERVICIOS CULTURAIS S.L. con CIF B-94081502 por importe de 83.000,00 euros, que, co IVE correspondente, ascende a un total de 100.430,00 ( IVE incluido).
2º Establecer como prazo do contrato o de UN ANO, a contar dende o 1 de xullo de 2015, prorrogable por mutuo acordo das partes.
O contrato deberá formalizarse dentro do prazo máximo de 10 dias contados a partir do seguinte ao da notificación da adxudicación, previo cumprimento das obrigas previas establecidas nos Pregos de Clausulas Administrativas e prescicións tecnicas, e elevaráse a escritura pública cando o solicite o contratista, sendo á súa costa os gastos derivados do seu outurgamento.
A presente resolución será notificada ao adxudicatario definitivo e aos licitadores.
Así mesmo, ordénase a publicación desta resolución no perfil do contratante, de acordo co regulado no punto 62 das Instruccions de contratación da Fundación Museo do Mar de Galicia.
Para consultar o documento premer aquí
Vigo, a 18 de xuño de 2015
A Directora do Museo do Mar de Galicia
Marta Lucio Gómez
Museo do Mar de Galicia.
Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
contacto