RESOLUCIÓN DE ELEVACIÓN A DEFINITIVA DA ADXUDICACIÓN PROVISIONAL. EXPEDIENTE SER/15/07


RESOLUCIÓN DE ELEVACIÓN A DEFINITIVA DA ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DO CONCURSO PUBLICO PARA A “ CONTRATACIÓN, POR PROCEDEMENTO ABERTO, DO SERVIZO DE MANTEMENTO DOS EDIFICIOS E INSTALACIONS DO MUSEO DO MAR DE GALICIA E DO CENTRO ARQUEOLÓXICO DO AREAL”. SER/15/07

Con data 12 de marzo de 2015 o Órgano de Contratación da Fundación Museo do Mar de Galicia resolveu adxudicar provisionalmente o contrato para o MANTEMENTO DOS EDIFICIOS E INSTALACIONS DO MUSEO DO MAR DE GALICIA E DO CENTRO ARQUEOLÓXICO DO AREAL-SALINAE, por procedemento aberto, a favor da empresa EULEN S.A., por importe de 54.843,00 euros, IVE excluido.
Dende a publicación no perfil do contratante da Resolución da adxudicación provisional, deuse un prazo de 5 días hábiles establecido nos pregos, para presentar a documentación correspondente e poder efectuar a elevación a definitiva.
Unha vez comprobada a presentación da devandita documentación en tempo e forma, o Órgano de contratación da Fundación e, en cumprimento do disposto no punto 60 das Instruccións de Contratación da Fundación

RESOLVE:

1º Elevar a definitiva a adxudicación do citado contrato a favor da empresa EULEN S.A. con CIF A 28517308 por importe de 54.843,00 euros, que, co IVE correspondente, ascende a un total de 66.360,03 ( IVE incluido).

2º Establecer como prazo do contrato o de UN ANO, a contar dende o 1 de abril de 2015, prorrogable por mutuo acordo das partes.

O contrato deberá formalizarse dentro do prazo máximo de 10 dias contados a partir do seguinte ao da notificación da adxudicación, previo cumprimento das obrigas previas establecidas nos Pregos de Clausulas Administrativas e prescicións tecnicas, e elevaráse a escritura pública cando o solicite o contratista, sendo á súa costa os gastos derivados do seu outurgamento.

A presente resolución será notificada ao adxudicatario definitivo e aos licitadores.

Asimesmo, ordénase a publicación desta resolución no perfil do contratante, de acordo co regulado no punto 62 das Instruccions de contratación da Fundación Museo do Mar de Galicia.

Vigo, a 23 de marzo de 2015

A Directora do Museo do Mar de Galicia
Marta Lucio Gómez

Para ver o documento de adxudicación premer aquí




Museo do Mar de Galicia.