RESOLUCIÓN DE ADXUDICACIÓN PROVISIONAL . SER/13/26


RESOLUCIÓN DE ADXUDICACIÓN PROVISIONAL DO CONCURSO PÚBLICO PARA A CONTRATACIÓN, POR PROCEDEMENTO ABERTO, DO SERVIZO DE LIMPEZA DO MUSEO DO MAR DE GALICIA E DO CENTRO ARQUEOLÓXICO DO AREAL-SALINAE. SER/13/26

O órgano de contratación da Fundación Museo do Mar de Galicia, dacordo co establecido nas Instrucións Internas de Contratación aprobadas polo Padroado de 26 de xuño de 2008 , vistas as ofertas presentadas, a licitación e o informe de valoración de ofertas, RESOLVEU:

1. Adxudicar provisionalmente o citado contrato á empresa LIMPIEZAS CIES S.L. por importe de SESENTA E CINCO MIL EUROS (65.000,00 € ) sen IVE, resultando unha cantidade co IVE de SETENTA E OITO MIL SEISCENTOS CINCUENTA EUROS (78.650,00 €).

2. Establecer como prazo máximo de execución do contrato UN ANO, con posibilidade de prórroga por outro ano máis.

3. Ordenar a publicación no perfil do contratante.

Vigo, a 21 de xaneiro de 2014

A Directora

Marta Lucio Gómez




Museo do Mar de Galicia.