Orzamento mínimo de licitación: 31.200,00 euros ( IVE excluido)
As proposicións presentaranse antes das 14 horas do día 23 de maio de 2013, no Rexistro Xeral da Fundación Museo do Mar de Galicia, sito na Avda. Atlántida 160, 36208 Vigo.
A apertura pública das proposicións económicas terá lugar ás 10:00 horas do día 28 de maio de 2013, na Sala de Xuntas do Museo do Mar de Galicia.
A documentación atópase a disposición dos interesados no Rexistro Xeral da Fundación Museo do Mar de Galicia, de luns a venres, de 9 a 14 horas e no seguinte enlace
Vigo, 8 de maio de 2013
A Directora do Museo do Mar de Galicia
Marta Lucio Gómez
Museo do Mar de Galicia.
Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
contacto