teranyina


L´art de la teranyina / A arte da ardora

(Do 17 de xullo ao 13 de setembro)

Ir a l’encesa, é pescar de noite cun verdadeiro lume a bordo, eis o seu nome. A teranyina, a pesca de cerco, está fortemente arraigada no país catalán e forma parte das historias dos nosos devanceiros e, sobre todo, da cultura mediterránea.
A través da arte contemporánea, quero compartir e amosar a opinión pública a arte de pesca de la teranyina, para que a súa vez tome conciencia e aprenda a valorar e apreciar a colleita que se obtén.

A arte da teranyina é a arte da “luz”, que antigamente se chamaba tamén a l’encesa.

Ir a l’encesa, é pescar de noite cun verdadeiro lume a bordo, eis o seu nome. A teranyina, a pesca de cerco, está fortemente arraigada no país catalán e forma parte das historias dos nosos devanceiros e, sobre todo, da cultura mediterránea.

A pesar da crise que atravesa o sector da pesca, eu son un fi rme defensor deste sistema de pesca que combina a luz e mailo cerco, respectando do leito do mar e que, feita de xeito responsábel, permite e garante unha explotación sostida da riqueza que o mar nos ofrece.

A exposición contén as experiencias e sensacións que eu vivín logo dunha noite enteira enrolado na teranyina Montes y Sabino, con base en Port de la Selva. A exposición está constituída por unha serie de pinturas onde predominan as cores do barco, os da roupa de auga dos mariñeiros, amarelo e laranxa, o negro da noite e mailo branco das luces do barco.

Esta exposición pretende ser unha homenaxe a este sistema de pesca, tan mediterráneo e tan noso, e aos homes de mar, mariñeiros, que cada noite que saen do porto viven unha aventura.

A través da arte contemporánea, quero compartir e amosar a opinión pública a arte de pesca de la teranyina, para que a súa vez tome conciencia e aprenda a valorar e apreciar a colleita que se obtén, principalmente sardiña e bocarte, que se ben ata hai ben pouco tempo eran moi abundantes, poden chegar a desaparecer.

Quero crer e teño a esperanza que o sentido común e as boas practicas do home fagan posible deter os excesos, atopar un equilibrio nas capturas, para que todas as especies do noso Amado Mare Nostrum non formen parte do pasado e que perduren para sempre.

Carles Bros


Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar