CANDO: do 31 de maio ao 1 de setembro de 2019
ONDE: Sala de exposicións temporais do Museo do Mar de Galicia.
“RELINGA DO HORIZONTE.” é unha exposición temporal na que poderán navegar polo mundo do comercio marítimo e a mariña mercante dende o S.XVIII ata a actualidade, coñecendo como foi evolucionando a navegación neses tempos, cales eran as relacións comercias de Galicia con outros lugares e con que produtos se comerciaba, ademais falarase sobre a emigración e dedicarase un apartado especial a presencia de mariñeiros galegos nas diferentes mariñas do mundo. Toda unha exposición a descubrir!
A mostra poderá visitarse TOTALMENTE DE BALDE, no horario de apertura habitual do museo
Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar