• gl



Castro da Punta do Muiño de Vento

Dende a pasarela de acceso á exposición permanente pode contemplarse a man dereita o castro. A parte visible do xacemento corresponde o século I d.C. (do III a.C.-I d.C) en pleno período galaico-romano.

A primeira ocupación do asentamento data do século VIII a.C., na idade de bronce, desta época son os machados de talón, pezas relacionadas co intercambio comercial cos poboados da franxa atlántica europea. As casas desta época estaban feitas de madeira e palla, e apenas deixaron rexistro arqueolóxico.

Na parte este do castro hai un cubo que permite observar o rexistro arqueolóxico do século IV a.C.. Nel vense tres pedras verticais que poderían pertencer a un altar de orixe iberopúnico, de feito atopáronse restos de cerámica do sur de España asociada a este altar, en especial, cerámicas asociadas ao transporte do peixe salgado. Confirma a estreita relación entre as culturas do mediterráneo e o Atlántico.

A principios do s. I a.C. o asentamento é abandonado é ao redor del comézase a construír unha serie de vilas e factorías romanas destinadas a salga de peixe.

Do século I-III d.C. o asentamento abandónase. Coincide coa construción das villae romanas nos arredores do museo dedicadas á salga de peixe. O xacemento é utilizado como lugar de inhumación con tumbas sinxelas.


Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar