• gl



O cachalote de Sanxenxo. Historia dun varamento.

Dende o 21 de novembro de 2013 o Museo do Mar de Galicia conta cunha nova e espectacular peza nas súas instalacións, o esqueleto dun cachalote, en concreto do cachalote que no ano 2003 varou na praia de Montalvo en Sanxenxoe e que ata a súa chegada ao noso museo estivo exposto no Centro de interpretación das Telleiras en Sanxenxo.

Esta impresionante peza, que se amosa colgada do teito na nave principal do museo corresponde a unha femia de 10 metros de lonxitude e 20 toneladas de peso que no momento do varamento estaba xestando unha cría de xa máis de 2 metros e medio de lonxitude.


Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar