Conferencia do investigador do IFREMER Jean Pascal Bergé, no Ciclo de Conferencias do Campus do Mar; "Everything is good in fish"

O vindeiro mércores 18 de maio, o Ciclo de Conferencias do Campus do Mar cumple coa súa cita mensual, desta volta coa intervención do investigador do IFREMER, Jean Pascal Bergé, que dará unha charla titulada “Everything is good in fish”, na que afondará nas posibilidades de aproveitamento que teñen os residuos do peixe.

O doutor Bergé falará ás 12:00 horas dende Vietnam por videoconferencia, que poderá ser seguida en directo por Internet a través da webTV do Campus do Mar. Os espectadores poderán interactuar co poñente a través dunha canle de chat.


Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar