Arquivo Pacheco


CICLO “CESTAS DO MAR”: A nasa

Durante os meses de maio e xuño, o CAT e o Museo do Mar inician unha colaboración co desenvolvemento dun obradoiro formativo que quere achegarse á cestería do mar dende unha óptica antropolóxica, non só centrada na elaboración de pezas, senón en diferentes aspectos relacionados con ela, dende o seu uso ata súa historia.

A cestería, artesanía de fondo arraigo na nosa cidade, tivo gran presencia no mundo mariñeiro ata hai uns anos, con pezas que se utilizaban na maioría das actividades pesqueiras.
Nesta primeira edición, traballarase sobre a Nasa, peza emblemática do mar, realizada tanto por cesteiros profesionais como polos propios mariñeiros.
O curso incluirá ademáis da formación práctica, sesións teóricas sobre a cestería, unha clase maxistral a cargo do mestre cesteiro Antonio Suárez Davila e unha charla con xente do mar para coñecer de primeira man o uso desta peza.

Quenda 1: do 3 ao 31 de maio. 24 h
Martes e xoves de 17:30 a 20:30 h
Nº de prazas: 7

Quenda 2: do 2 ao 30 de xuño. 24 h
Martes e xoves de 17:30 a 20:30 h
Nº de prazas: 7

Lugar: Museo do Mar de Galicia
Máis información na web do CAT

Descarga de folleto

Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar