• gl



Resolución da III Bolsa de Creación Fotográfica O MAR

O pasado 21 de marzo tivo lugar a reunión do xurado avaliador da IIIeira Convocatoria de Bolsa de Creación Fotográfica O MAR

O xurado decidiu por unanimidade outorga-la beca a Mar Cuervo para desenvolver o proxecto SEREAS. O traballo, explorará a dualidade das mulleres da Costa da Morte, en tanto que traballadoras do mar e responsables dunha familia e da economía doméstica. Achegará unha visión artística do retrato antropolóxico e social dun colectivo pouco coñecido.

O resto dos concursantes pode recoller o seu traballo de martes a domingo entre as 11 e as 14 horas.

Descarga da ACTA

Vigo, 4de Abril de 2011

O Director do Museo do Mar de Galicia
Pablo Carrera López


Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar