• gl



Encontro “A dimensión humana das áreas mariñas protexidas. As Illas Cíes”

  • Cando: sábado 21 de maio 2022
  • Hora: 12:00
  • Onde*: Auditorio do Museo do Mar de Galicia.
  • Entrada GRATIS ata completar aforo.

No encontro exporase como o desenvolvemento do Parque Nacional das Illas Atlánticas, e en concreto o traballo realizado nas Cíes, leva impulsando, desde a súa posta en marcha, o dinamismo social e económico desta área da costa galega. Será unha oportunidade para a reflexión, de cara a abordar o futuro desta área protexida. Poñeranse en comúns os aspectos positivos desta área mariña protexida (AMP) e, ao tempo, analizaranse os retos e problemas que afronta este espazo.

Será unha conferencia aberta con representantes do eido investigador, do sector e da comunidade local, para explicar como as Áreas Mariñas Protexidas poden contribuír non só á conservación da biodiversidade nestes espazos, senón tamén ao benestar das persoas e as sociedades vinculadas a elas.

O encontro está organizado polo EqualSea Lab da Universidade de Santiago de Compostela. Este equipo, liderado polo profesor Sebastián Villasante, desenvolve desde 2021 e ata 2026 un proxecto de investigación financiado pola convocatoria Consolidator Grant do Consello Europeo de Investigación (ERC). O obxectivo de este estudo é comprender como as áreas mariñas protexidas, como é o caso das Illas Cíes, poden reducir a desigualdade nas comunidades próximas e impulsar transformacións cara a un planeta máis sustentable no futuro.


Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar