O Museo do Mar de Galicia volve a ter a sorte de contar nas súas instalacións con unha actividade de Pablo Díaz, quen esta vez nos trae o seu espectáculo “Contando números, cantando cores”, onde a través dos contos e da música, busca facer reflexionar aos máis pequenos da casa sobre a igualdade de oportunidades entre nenos e nenas, maiores e pequenos, equidade, e sobre todo respecto ás persoas que desde o principio das nosas vidas, debemos valorar.
COMO RESERVAR
Cubrindo o cuestionario que aparece PREMENDO AQUÍ
(lembre darlle a ENVIAR ao rematar de cubrir o cuestionario):
As persoas que teñan praza recibirán un mail do Museo do Mar de Galicia coas invitacións correspondentes (sen invitacións non se poderá acceder ao concerto), este mail non é unha resposta automática, polo que pode tardar uns días en chegar.
Para máis información poden contactar co museo en info.museodomar@xunta.es ou no 986247750 en horario de apertura do museo.
Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar