• gl



Concerto de A PEDREIRA “Segmento cantábrico”. Venres 3 de decembro ás 19:00

O Museo do Mar de Galicia volve a ter a sorte de contar nas súas instalacións cun concerto de Ugía Pedreira, que esta vez virá acompañada dos seu compañeiro e coproductor Pierre-Yves Rougier, ambos presentarán en escea “Segmento Cantábrico”, o primeiro disco de Ugia Pedreira asinado por ela co seu apelido.

Este novo traballo trae un elegante equilibrio entre a música bio das percusións e cordas coa música electrónica, adxuntando un minipoemario, Atalia Norte, que plasma a inspiración que lle dá á Pedreira desde nena esta via marítima de relacionamento a través do mar e que nos centra nas tribos, clanes e povos bañados polo Cantábrico desde Ortegal (Galicia) a Ouessant (Bretagne).

  • CANDO: venres 3 de decembro de 2021
  • HORA: 19:00 h
  • ONDE: Museo do Mar de Galicia (Avda. Atlántida, 160, 36208. Vigo)
  • GRATIS. Con RESERVA PREVIA. Máximo 4 persoas por reserva!

COMO RESERVAR

Cubrindo o cuestionario que aparece PREMENDO AQUÍ
(lembre darlle a ENVIAR ao rematar de cubrir o cuestionario):

As persoas que teñan praza recibirán un mail do Museo do Mar de Galicia coas invitacións correspondentes (sen invitacións non se poderá acceder ao concerto)

Para máis información poden contactar co museo en info.museodomar@xunta.es ou no 986247750 en horario de apertura do museo.


Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar