Tes entre 13 e 17 anos e queres facer algo diferente este 1 de novembro? pois ven a descubrir que está pasando no museo, participando nun xogo teatralizado no que en grupos pequenos e na compañía de monitores/as moi especiais iredes polas nosas salas pasando probas e resolvendo misterios.
Temos aos homes e mulleres que foron importantes para a historia da lingua e a literatura galega que algo lles pasa que non poden descansar en paz! Descobre que estraño misterio está a perturbar o seu descanso?
Seredes quen de descubrilo??
COMO RESERVAR
Cubrindo o cuestionario que aparece PREMENDO AQUÍ
(lembre darlle a ENVIAR ao rematar de cubrir o cuestionario):
As persoas que teñan praza recibirán un mail do Museo do Mar de Galicia coas invitacións correspondentes
Para máis información poden contactar co museo en info.museodomar@xunta.es ou no 986247750 en horario de apertura do museo.
Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar