• gl



XOGO TEATRALIZADO para a rapazada “A casa do mago”

Tes entre 8 e 12 anos e queres facer algo diferente este 1 de novembro?, pois ven ao noso museo a pasar un bo rato participando nunha nova aventura, un xogo teatralizado no que en grupos pequenos e na compañía de monitores/as moi especiais iredes polas nosas salas pasando probas e resolvendo misterios.

Vide a axudar ao noso mago a arranxar os problemas dunhas meigas, trasnos e outras personaxes mitolóxicas que están metidiños en dificultades.

Seredes quen de axudalos??

  • CANDO: luns 1 de novembro de 2021
  • HORA: 12:00 h
  • IDADES: 8 a 12 anos
  • ONDE: Museo do Mar de Galicia (Avda. Atlántida, 160, 36208. Vigo)
  • GRATIS. Con RESERVA PREVIA. Máximo 4 participantes e 2 adultos por reserva (non é precisa a compañía de adultos, pero se queren asistir poden)!
  • A actividade forma parte do programa “Vive a Lingua” que busca estimular o uso do galego por medio de actividades coma esta.

COMO RESERVAR

Cubrindo o cuestionario que aparece PREMENDO AQUÍ

(lembre darlle a ENVIAR ao rematar de cubrir o cuestionario):

As persoas que teñan praza recibirán un mail do Museo do Mar de Galicia coas invitacións correspondentes

Para máis información poden contactar co museo en info.museodomar@xunta.es ou no 986247750 en horario de apertura do museo.


Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar