• gl



RUTAS INTERPRETATIVAS SUBMARINAS dende o peirao do noso museo

Dende o venres 8 ao domingo 10 outubro faremos unhas RUTAS INTERPRETATIVAS SUBMARINAS, nas que coñeceremos o medio mariño da Ría de Vigo dun xeito novo.

Trátase dun mergullo virtual que se realizará grazas a un ROV (dron submarino pilotado) que se somerxerá para transmitir en tempo real a imaxe que vai capturando baixo o mar a unhas lentes de realidade virtual que ten cada persoa.

Todo elo acompañado das explicacións dunha intérprete mariña.

A actividade será GRATIS con reserva previa

RESERVAS do martes 5 ao venres 8 de outubro de 10:00 a 14:00 no 986 24 77 50 (dadas as poucas prazas dispoñibles as reservas faranse exclusivamente por teléfono)

HORARIOS:

  • Venres 8: 2 sesións ás 16:00 – 17:00
  • Sábado 9: 4 sesións ás 11:00 – 12:00 – 13:00 – 17:00
  • Domingo 10: 4 sesións ás 11:00 – 12:00 – 13:00 – 17:00

OLLO!

- Cada sesión realizarase en grupos de 4 persoas maiores de 7 anos (non está recomendado o emprego deste tipo de gafas para menores de 7 anos)

- Duración aproximada 45 minutos

- Pódense empregar lentes graduadas coas lentes de realidade virtual

- A actividade realízase en galego


Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar