• gl



“O Fiadeiro” no Museo do Mar de Galicia.

Dende o seu nacemento no ano 1996, o obxectivo da ACF O Fiadeiro vén sendo a recuperación da cultura tradicional galega, con interese principal nos bailes, músicas e cantares dos nosos devanceiros.
Neste espectáculo de O Fiadeiro poderase gozar de melodías, cantos e bailes tradicionais da nosa cultura, dotado todo elo dun grao didáctico, pero sen renunciar a unha escenografía de grande forza e beleza estética.

  • CANDO: sábado 2 de outubro de 2021
  • HORA: 18:00 h
  • ONDE: Museo do Mar de Galicia (Avda. Atlántida, 160, 36208. Vigo)
  • GRATIS. Con RESERVA PREVIA. Máximo 4 persoas por reserva!

COMO RESERVAR

Cubrindo o cuestionario que aparece PREMENDO AQUÍ

(lembre darlle a ENVIAR ao rematar de cubrir o cuestionario):

As persoas que teñan praza recibirán un mail do Museo do Mar de Galicia coas invitacións uns días antes do espectáculo (sen invitacións non se poderá acceder ao concerto)

Para máis información poden contactar co museo en info.museodomar@xunta.es ou no 986247750 en horario de apertura do museo.


Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar