• gl



Concerto “ALÉN. Músicas de raíz que viaxan no tempo”.

ALÉN é concerto composto por dúas actuacións en directo de curta duración, nel participarán dúas das propostas musicais galegas máis innovadoras e auténticas da música tradicional e de raíz: a xa coñecida artista Belém Tajes, que presenta o seu novo proxecto, e o recente trío formado por Fransy González, Davide Salvado e Cibrán Seixo.

ALÉN é un evento cultural que quere explorar e emocionar dende o noso, dende a tradición e a modernidade, coa nosa lingua e a historia cultural como mapa de coordenadas.

  • CANDO: domingo 19 de setembro de 2021
  • HORA: 12:00 h
  • ONDE: Museo do Mar de Galicia (Avda. Atlántida, 160, 36208. Vigo)
  • GRATIS. Con RESERVA PREVIA. Máximo 2 persoas por reserva!

COMO RESERVAR

Cubrindo o cuestionario que aparece PREMENDO AQUÍ

(lembre darlle a ENVIAR ao rematar de cubrir o cuestionario):

As persoas que teñan praza recibirán un mail do Museo do Mar de Galicia coas invitacións correspondentes (sen invitacións non se poderá acceder ao concerto)

Para máis información poden contactar co museo en info.museodomar@xunta.es ou no 986247750 en horario de apertura do museo.


Xunta de Galicia

Museo do Mar de Galicia

Avenida Atlántida 160. 36208 Vigo.
T 986247750
F 986247748
Facebook | Twitter | Contacto | Traballa con nós | Amigos do Museo do Mar